PROPOSTA EDUCATIVA2024-12-09T13:25:44+01:00

Vivimos nun mundo de cambios acelerados no que é difícil predecir cal será o contexto social e laboral dentro de 10 ou 20 anos. Sabemos que moitos dos nosos alumnos, orientaranse cara profesións que, hoxe en día, sequera existen e empregarán na súa vida cotiá ferramentas que aínda non foron inventadas.

Por iso, para responder a estos retos que nos presenta a educación do S.XXI en Jesuitinas queremos axudar o noso alumnado a desplegar as súas potencialidades e destrezas, e a descubrir en si, cales son as ferramentas que lles permiten aprender, resolver problemas, traballar en equipo, coñecerse a si mesmo, tomar decisións,… crecendo así como persoas autónomas, creativas e comprometidas.

O noso desexo é identificar o potencial de cada alumno e acompañalo no seu proceso persoal, para que poidan desenvolver as súas capacidades ao máximo, tanto a nivel persoal como académico.

OBXECTIVO EDUCATIVO

Camina con sentido

En el curso 2023-24 iniciamos el trabajo de un objetivo educativo trienal. En estos años queremos «fomentar en la comunidad educativa el cuidado de la vida para hacerla crecer en todas sus dimensiones: cuidado personal, que lleve a un crecimiento interior y del sentido de la vida, cuidado de las relaciones con los demás que promuevan el crecimiento mutuo, y la apertura al mundo a través del crecimiento de una ética del cuidado, responsable de todo lo creado y su diversidad».

«Cuidar para crecer» es la frase motivadora que resume este objetivo, que cada curso se concreta en un lema diferente.

Lema curso 2023-2024: Camina con sentido

El cuidado personal (autocuidado) se ha convertido en una prioridad en la sociedad actual. Y este va mucho más allá de la búsqueda de la supervivencia o de la satisfacción de las necesidades básicas para vivir. Este cuidado busca el bienestar personal, una buena calidad de vida y la felicidad.

El cuidado de la persona y su bienestar es más que el cuidado de la salud física, mental o, incluso, mental. El cuidado de uno mismo que propone el objetivo educativo es el cuidado de la vida, de la existencia de cada persona, de la razón por la que cada uno está en el mundo.

Cuidarse personalmente es, sobre todo, el cuidado interior que haga crecer las fortalezas y pasiones, y descubrir que nuestra vida tiene un propósito y que cuidar de este es lo que da sentido a la vida. No es solamente cuidar los cómo vivimos, sino cultivar todo aquello que fortalece el para qué vivimos, cuál es nuestro propósito, el sentido de nuestra vida.

DESDE UNA LECTURA CREYENTE

El sentido de la vida es para el creyente reconocer a Dios en ella. Cuidar el sentido de la vida es cuidar la vocación, la llamada que Dios hace a cada persona y que esta convierte en el propósito de todo lo que hace y en fuente de felicidad.

Caminar con sentido en la vida del creyente requiere dedicar tiempo al cuidado de la interioridad, a hacernos conscientes de cómo Dios se manifiesta en nuestro camino y a dejarnos acompañar por Jesús en ese camino.

El objetivo de este curso se relaciona con una de las Llamadas en la acción apostólica surgida de la Congregación General XVIII de las Hijas de Jesús, concretamente la que nos invita «a seguir insertándonos en la pastoral eclesial con los jóvenes y a caminar con ellos».

Por eso, este curso, camina con sentido…

PERSOAS AUTÓNOMAS, CREATIVAS E COMPROMETIDAS

Hai unha pregunta de fondo que nos acompaña á hora de establecer a nosa proposta educativa: Que tipo de persoa queremos educar? Son tres as palabras que nos gustaría que acompañasen ao noso alumnado o rematar a sua etapa escolar en Jesuitinas: autonomía, creatividade e compromiso.

As persoas autónomas, creativas e comprometidas son persoas:

  • Responsables e participativas, que asumen a súa propia identidade e póñena ao servizo da familia, do colexio, da sociedade e da Igrexa.

  • Libres, capaces de desenvolverse por si mesmas, de ir elixindo aquilo que máis os realice.

  • Con sentido crítico, capaces de discernir, en coherencia co seu proxecto persoal, os acontecementos, as realidades sociais e históricas.

  • Abertas ao cambio e con capacidade de transformación da realidade.

  • Alegres, con esa alegría profunda de quen descubriu o sentido da vida e póñena ao servizo dos demáis.

  • Solidarias, tolerantes e fraternas, que acollen aos demáis con sinxeleza e cercanía, que comunícanse, que respetan a cada persoa, que se comprometen coa xustiza e a solidariedade, especialmente cos más necesitados.

  • Formadas integralmente, que asimilan a crítica e sistematicamente a cultura do seu tempo á luz dos valores do Evanxeo, que foron preparados profesionalmente para ser útiles na sociedade.

  • Abertas á trascendencia, a realizar un camiño para descubrir a fe como un elemento integrante da vida das persoas.

PILARES PEDAGÓXICOS

A sociedade do futuro, á que o noso alumando vai enfrontarse, será – e xa é – moi diferente da que tiñan que dar resposta os sistemas pedagóxicos tradicionais. A sociedade actual precisa profesionais capaces de resolver problemas, de traballar en equipo, con capacidade de comunicación e de analizar datos. O futuro demandará dos nosos alumnos de hoxe, capacidades para empregar ferramentas descoñecidas e inimaxinables hoxe en día.

A escola non pode permanecer indiferente a estes cambios e debe prepararse para formar ao alumnado fronte aos retos do futuro. Deste modo, o noso centro, opta por apostar polas metodoloxías, xa amplamente coñecidas e testadas que nos poidan proporcionar estes resultados.

A Estimulación temperá é un conxunto de actividades, xogos e  exercicios físicos que se levan a cabo para axudar ó cerebro dos máis pequenos a desenvolverse plenamente e que adquiran ferramentas físicas e intelectuais que lles sirvan para toda a súa vida. É aproveitar o momento no que o cerebro está en pleno desenvovemento, e a capacidade de aprendizaxe do neno non ten límites.

A neurociencia recoñece que a plasticidade do cerebro é máxima entre os 0 e os 6 anos. O principal obxectivo é lograr no neno novas conexións neuronales grazas a novos estímulos que, repetidos un número suficiente de veces, fagan que estas conexións se convirtan en circuitos neuronales.

Xunto a isto, preténdese crear interese no neno, axudándolle a desenvolver e manter a curiosidade natural que caracteriza ós máis pequenos. Por iso, se lles brindan estímulos relacionados con moitas áreas de coñecemento e trabállase o  movemento, a linguaxe, a lectura, un segundo idioma, o arte, as ciencias (os chamados“coñecementos enciclopédicos”), as matemáticas, a música…

Basándonos nas aportacións de Glen Doman, cremos que na estimulación temperá é moi importante utilizar a maior cantidade de sentidos posibles. Por isto dicimos que debe ser “multisensorial”. Ademáis, para que esta sexa efectiva, realizamos actividades atractivas, empregando o material e o tono de voz adecuado,  breves e rápidas, para evitar que se aburran e manter a súa atención, repetidas e diarias, logrando consolidar a aprendizaxe e as habilidades e creando circuitos e conexións neuronais sólidos.

As competencias sociais, comunicativas e de traballo en equipo son esenciais no mundo laboral e social, e abren as portas a unha ciudadanía responsable e comprometida.

Seguindo o modelo dos irmáns Johnson, a clave da aprendizaxe cooperativa é utilizar cunha finalidade didáctica, o traballo  en equipos reducidos de alumnos, adoptando unha estructura de actividades que asegure ao máximo a participación igualitaria e a interacción entre todos os integrantes do equipo, e que a  finalidade sexa que todos os membros do grupo aprendan os contidos escolares; e aprendan ademáis a traballar en equipo e outros valores coma a solidariedade, o servizo aos demáis, o respecto polas diferenzas, a axuda mutua…

Son cinco os factores esenciais que toda actividade cooperativa debe asegurar:

  • Interdependencia positiva: os membros dun grupo deben ter claro que os esforzos de cada integrante no só lle benefician a el mesmo, senón tamén aos demais membros.
  • Responsabilidade individual: Cada membro do equipo será responsable de cumprir coa parte do traballo que lle corresponda.
  • Interacción promotora: Preferentemente, cara a cara. Os alumnos deben realizar xuntos unha tarefa, compartindo os recursos existentes, axudándose, animándose e felicitándose uns aos outros polo seu empeño en aprender.
  • Habilidades interpersoais e grupais: Os membros do grupo deben saber como exercer a dirección, tomar decisións, crear un clima de confianza, comunicarse, manexar os conflictos… e deben sentirse motivados para facelo.
  • Avaliación grupal: Os membros do grupo deben analizar en que medida están alcanzando as súas metas e mantendo relacións de traballo eficaces.

O traballo por proxectos é unha necesidade na educación do século XXI. Fronte a unha educación tradicional que só demanda un consumo de contidos para superar un exame e que non leva a un aprendizaxe real, o traballo por proxectos propón ao alumnado situacións motivadoras e prácticas para as que será necesario profundar nos contidos de cara a poder dar solución a un problema.

“Cada ser humano ten unha combinación única de intelixencia.Este é o desafío educativo fundamental: estimular a cada alumno dunha forma personalizada” (Howard Gardner)

A teoría das Intelixencias Múltiples de Howard Gardner ensínanos que as persoas dispoñemos, non só das intelixencias que tradicionalmente se ensinaban nas escolas (a lingüística e a matemática), se non tamén doutras seis tan importantes como estas:a naturalista, a visual-espacial, a corporal-cinestésica, a musical, a interpersoal e a intrapersoal. Baseándose  nesta teoría, os alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria e tamén de Educación Secundaria levan a cabo proxectos por IIMM que axudan a potenciar estas capacidades.

En ESO e CF damos un paso máis e traballamos no Aprendizaxe Baseado en Problemas. Así, os nosos alumnos reciben unha situación real, na que teñen que aplicar os contidos curriculares para dar solución a ese problema proposto. Estes proxectos desenvólvense, tamén, como proxectos interdisciplinares en todos os cursos de Secundaria e Ciclos Formativos.

No constante proceso de investigación e actualización metodolóxica, deseñamos tamén outro tipo de proxectos, como é o caso da gamificación ou pasaxes de aprendizaxe.

Aprender a pensar require crear unha cultura de pensamento tanto individual como grupal, onde o pensamento se faga visible e se promova de forma activa como parte das experiencias cotiás e habituais dos membros do grupo.

Por iso, desplegamos rutinas e destrezas de pensamento na aula para axudar o noso alumnado a tomar conciencia dos mecanismos cognitivos que lles permiten pensar de forma eficaz. Con estes exercicios de metacognición, ou reflexión sobre o propio pensamento, aprenden a pensar con destreza, de maneira que os aprendizaxes sexan relevantes e os poidan transferir a novas situacións, tanto do currículo como da vida cotiá.

Queremos lograr que o noso alumnado busque o significado das cousas, as súas  relacións, semellanzas e diferenzas, categorías e patróns. Queremos que xeneren novas ideas e posibilidades ante situacións múltiples, que combinen ideas propias coas de outros e vexan as cousas desde outros puntos de vista; que identifiquen e resolvan problemas de diferentes maneiras, implementando estratexias e sopesando os seus resultados. Queremos que identifiquen cando deben tomar decisións, valorar as opcións e  ser capaces de predecir as súas posibles consecuencias. Queremos que aprendan a formular hipóteses, identificar causas e efectos, distinguir feitos de opinións,  desenvolvendo unha profunda comprensión da realidade.

A nosa proposta innovadora complétase co uso das TAC (Tecnoloxías Aplicadas á Educación) no uso do Apple iPad como ferramenta de traballo, en substitución dos libros de texto tradicionais, dende 3º de Primaria. Dentro das programación de actividades cooperativas o do traballo por IIMM, as posibilidades e apps educativas, seleccionadas polos profesionais do colexio, permítennos formar un alumnado líder a nivel de creatividade e colaboración, así como potenciar ao máximo as súas competencias, non só dixitais, senón  ademais todas as relacionadas coas Intelixencias Múltiples. Levamos traballando con estes dispositivos dende 2012, cando os colexios de Jesuitinas de Galicia foron pioneiros no seu uso na aula, e que hoxe en día está cada vez máis xeneralizado.

Como centro cristián, temos especial atención polas inquedanzas espirituais do noso alumnado. Dentro dun marco de respecto a toda diversidade de crenzas e á liberdade individual de cada persoa, damos a posibilidade dun crecemento interior que forme persoas con coñecemento de si mesmas e con sentido de vida.

Son xa moitos os autores que completan as Intelixencias Múltiples (tamén o propio Howard Garder abre a porta a esta posibilidade) coa Intelixencia Espiritual e moitas as empresas e organizacións que a incorporan para mellorar o entusiasmo, o compromiso ou a capacidade de liderazgo.

Aprender mediante o traballo como necesidade da contorna coa finalidade de mellorala. Esta é a clave desta proposta educativa baseada na responsabilidade social, a exploración, a acción e a reflexión.

Queremos que os nosos alumnos cheguen a ser bos cidadáns, capaces de mirar a realidade que os rodea e comprometerse na súa transformación. Ademáis, estamos convencidos de que, dende ben pequenos e de maneira adaptada a súa idade, son capaces de provocar cambios na súa contorna.

Esta aprendizaxe-servizo é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado, onde os participantes aprenden a traballar en necesidades reais da bisbarra coa finalidade de mellorala.

Únense así o compromiso social coa aprendizaxe de coñecementos, habilidades, actitudes e valores. É unha maneira de entender a aprendizaxe baseada na responsabilidade social, na exploración, na acción e na reflexión.

PLURILINGÜISMO

Queremos que os nosos alumnos adquiran a aprendizaxe de linguas estranxeiras de forma significativa, polo que no 2011 embarcámonos na aventura de ser parte da rede de Centros Plurilingües de Galicia na etapa de Primaria, impartindo o 33% das materias en lingua inglesa. Logo, ampliamos o programa plurilingüe á etapa de Infantil, onde os pequechos introducen a aprendizaxe do inglés de forma natural, a través de actividades cotiás dentro do programa de estimulación temperá e proxectos.

Ademais, formamos parte do programa BEDA (Bilingual English Development and Assessment), iniciativa da colaboración entre Escolas Católicas e a Universidade de Cambridge, o que nos axuda a facilitar aos nosos alumnos a preparación e superación dos exames de inglés de CAMBRIDGE cun gran éxito, tanto na etapa de Primaria como da ESO.

Do mesmo xeito, brindamos a oportunidade aos alumnos a prepararse para os exames de francés DELF na etapa da ESO, obtendo resultados moi satisfactorios tamén.

A finalidade da aprendizaxe de linguas estranxeiras é a comunicación con outras culturas, polo que na etapa da ESO promovemos a inmersión lingüística en países de fala inglesa (Reino Unido ou Irlanda) e o intercambio cun colexio de Francia.

NOTICIAS

NORMALIZACIÓN

O 15 de xuño de 1983 publícase no Diario Oficial de Galicia a Lei 3/1983, non vén ser outra cousa que a Lei de Normalización Lingüística que, entre outras cousas, posibilita a incorporación do galego ao ensino. Apóiase esta Lei no Estatuto de Autonomía de Galicia que no seu artigo 5 define ao galego como lingua propia do país. Nacen pois neste período en todos os centros escolares os Equipos de Normalización Lingüística que van dar continuidade aos obxectivos marcados pola propia Lei:

  • Implantar hábitos lingüísticos en galego nos nosos centros.
  • Facilitar o emprego do galego en todos os ámbitos da educación.
  • Comprender o galego como unha das múltiples linguas europeas.

Será no ano 2010 cando sae á luz o Decreto 79/2010 para o Plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Neste Decreto e baixo os efectos da globalización, contémplase a lingua como un elemento básico de identidade cultural, é dicir, forma parte do noso rico patrimonio e como tal será obxecto de respecto e protección.

Desenvolvemos as actividades encamiñadas aos fins antes descritos. Unhas veces de maneira individual e outras en colaboración cos outros centros de Galicia. Destacariamos no primeiro grupo aquelas que interconectan a tradición coa riqueza léxica que posúen. Estamos a falar do Magosto, do Samaín ou do Día do Peón. No segundo grupo merecen mención especial o Premio literario Frei Martín Sarmiento e o festival audiovisual Rec-Curta. O día das Letras Galegas, é unha actividade significativa que nos lembra a herdanza que nos deixaron outros ilustres galegos na defensa e uso do noso idioma. Así mesmo, no día de Rosalía de Castro o alumnado está moi implicado na celebración do mesmo, facendo un estudo minucioso da súa vida e obra. Especial mención, ten a elaboración dun novo proxecto multidiciplinar no que os alumnos son os autores dun Xornal “As novas da Peña”, o cal publicase ao longo do curso a través das redes sociais do colexio, para toda a comunidade educativa.

Mais a función do Equipo non se limita só á realización de actividades. É misión fundamental o apoio que presta a comunidade educativa tanto a nivel humano como material, proporcionando as ferramentas necesarias para que non perdamos a chave deste gran tesouro: A NOSA LINGUA.

NOTICIAS

AULAS ESPECÍFICAS

Acercámonos á ciencia. Os alumnos de secundaria, a miúdo traballan no laboratorio entre probetas, matraces e tubos de ensaio; nunha aula equipada e acondicionada para realizar experimentos, prácticas e traballos de carácter científico: análises do grupo sanguíneo, disolucións, filtracións, separación de mesturas, representación de moléculas, disección dun corazón, extracción de ADN celular, creación de ecosistemas, comprobación de leis, cromatografías….. Poñemos a proba os nosos coñecementos investigando na nosa vida cotiá, en nós mesmos, e no mundo que nos rodea.

Contamos cunha aula equipada e acondicionada para a realización de diferentes proxectos tecnolóxicos, martelos, serras, alicates, desparafusadores…materiais que nos permiten contruír circuítos. diferenciar materiais, realizar construccións complexas… En definitiva, pasar á acción, poñendo en práctica todos os nosos coñecementos teóricos dos diferentes procesos tecnolóxicos.   

Unha aula flexible e dinámica, onde é posible aprender porque hai arte ao ensinar. Nesta aula poténciase a creatividade. Moitas e variadas técnicas creativas son estudadas e postas en práctica na área de Educación Plástica e Visual: trazados xeométricos, visión e percepción, a cor, o volume, as perspectivas, composicións…. Un trimestre tras outro prodúcese nesta aula unha explosión de creatividade que inunda os corredores de secundaria de vida, de cor e de arte.

Un aula equipada e acondicionada para a aprendizaxe musical e audiovisual con materiais e recursos para un correcto desenvolvemento da ensinanza Musical e Audiovisual.

As novas tecnoloxías están moi presentes no colexio, do mesmo modo que na sociedade actual. Ofrecemos un aula coa finalidade de mellorar a competencia dixital, familiarizarse coas ferramentas informáticas actuais e coñecer as pautas de uso seguro.

Un aula para o desenvolvemento de todas as aprendizaxes do Ciclo Formativo de Grao Medio e do Ciclo Formativo de Grao Superior, dous ciclos da familia profesional de Comercio e Marketing. A aula conta con zona escaparates, atrezo escaparates, iluminación especial, ordenadores, módulos tienda física (burros, islas, vitrinas, andeis, mobiliario,…) e todo o material funxible necesario para o desenvolvemento destas ensinanzas.

ACCIÓN EVANXELIZADORA

O Equipo de Acción Evanxelizadora asume e promove os valores cristiáns do Evanxeo como estilo de vida. O principal obxectivo é concienciar e contaxiar os valores de Xesús e o carisma da Nai Cándida con alegría e sinxeleza, sempre adaptados ás diferentes realidades dos nosos alumnos.

Para levar a cabo este labor contamos coas seguintes persoas:

  • Coral Arufe Salgueiro (Coordinadora xeral)
  • Mercedes Ons Insua (Representante ESO)
  • Susana Pais Bouzón (Representante CICLOS)
  • Teresa Ces Pérez (Coordinadora de ALCOR e representante de EI)

NOTICIAS

TITORÍA E ORIENTACIÓN

No Colexio María Assumpta desenvolvemos un plan de Orientación e Acción Titorial coa finalidade de guiar, acompañar e orientar ao noso alumnado cara o seu maior éxito persoal, académico e profesional.

Planificado e aliñado cos valores do centro e da Fundación Educativa Jesuitinas, os seus obxectivos están estreitamente relacionados con cada etapa educativa, garantindo así que se trata dunha ferramenta deseñada para apoiar ao alumnado na súa aprendizaxe en xeral, así como nas dificultades concretas que poidan xurdir ao longo da súa escolaridade.

O Departamento de Orientación conta con seguintes recursos humanos e materiais:

  • Jorge Iglesias Pérez: Licenciado en Pedagoxía, Mestre de Educación Especial e Mestre de Audición e Linguaxe. Orientador e Coordinador do Departamento de Orientación.
  • Coral Arufe Salgueiro: Licenciada en Psicopedagoxía e Mestra de Educación Primaria. Mestra de Pedagoxía Terapéutica (enlace con Acción Evanxelizadora).
  • Rosa Quiroga Marí: Licenciada en Psicoloxía (Evolutiva e Infantil) e Mestra de Audición e Linguaxe. Mestra de Educación Especial.
  • María Mercedes Ons Insua: Licenciada en Psicoloxía (Evolutiva e Infantil) e Mestra de Audición e Linguaxe. Mestra de Audición e Linguaxe.
  • Iria Rodríguez Iglesias: Grao en Pedagoxía e Grao en Mestre de Educación Primaria. Persoal complementario de Educación Especial.

No Departamento de Orientación, e nas diferentes Aulas de Apoios do Colexio, contamos cunha ampla batería de Tests, Escalas e Probas para avaliar as posibles necesidades do noso alumnado, así como manuais, cadernos, fichas de reforzo e outros materiais educativos que serven de apoio á nosa labor asesora e educativa.

O plan de Orientación e Acción Titorial busca ter impacto a tres niveis. O conxunto de actuacións e intervencións do Servizo de Orientación, organízanse a partir de tres Plans fundamentais que resumen o noso labor educativo:

Plan de Atención  á Diversidade (PAD): Elabórase coa intención de servir de guía para identificar ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, coordinar as medidas adecuadas para o seu tratamento e asesorar aos diferentes membros da comunidade educativa sobre metodoloxías, materiais, recursos, programas, etc., que permitan atender á diversidade do noso alumnado.

Elabórase coa intención de colaborar na formación integral dos nosos alumnos/as e formar persoas que asuman a súa propia identidade e sexan capaces de desenvolverse na sociedade libremente e cun sentido crítico.

Elabórase coa intención de orientar ao alumnado e ás súas familias sobre as diferentes opcións académicas e profesionais que vaian xurdindo (principalmente nos últimos cursos da ESO), e de organizar actividades que axuden á toma de decisións e á transición entre etapas educativas de cara ao mundo laboral.

ENLACES WEB PARA AS FAMILIAS:

:: Información xeral da Xunta de Galicia sobre educación para familias e alumnado

:: Información oficial e actualizada sobre todo o relacionado coa Formación Profesional en Galicia

:: Información oficial e actualizada sobre todo o relacionado coa Universidade en Galicia

:: 4 enlaces da páxina EDUCAWEB, nos que podes atopar un “Test de Intereses Profesionales” para facer online, interesante para alumnado de 4º de ESO, con información sobre a relación entre estudos e profesións e enlaces directos para facer consultas sobre calquera Grao Universitario:

  • No principio da web, aparece un cadro no que podes poñer, por exemplo, “Carreras Universitarias / A Coruña”, e aparecen todos os Graos Universitarios que se dan nesa cidade, e o máis importante, un enlace para que fagas unha consulta directa á facultade na que se imparte ese Grao, sobre a matrícula, admisión, custos, etc.
  • Test de intereses profesionales”. Podes facer un test online (15-20 minutos para facelo). Ademais de dar un resultado cos teus intereses, podes descargar un informe bastante completo e logo acceder directamente aos estudos máis afíns.
  • Dicionario de profesións. Moitas veces sabemos o tipo de estudos que queremos facer, pero non sabemos relacionalos coas profesións que temos na nosa sociedade, ou viceversa. Neste enlace tes un dicionario de profesións relacionado cos estudos que terás que facer para chegar a elas.
  • Dicionario de estudos. Relación de Ciclos Formativos, Graos, Masters e outros estudos, ordenados alfabéticamente.
Ir a Arriba