Benvidos ao Colexio Maria Assumpta

panoramica_ini


:: O VINDEIRO LUNS 26 ás 10:30H TERÁ LUGAR A CELEBRACIÓN DE INAUGURACIÓN DO CURSO 2016-2017 ::

>> DATAS DE REUNIÓN DE INICIO DE CURSO <<

  • REUNIÓN XERAL PRIMARIA :: LUNS 26 DE SETEMBRO ÁS 18 H.
  • REUNIÓN XERAL ESO E CF :: MARTES 27 DE SETEMBRO ÁS 18 H.
  • REUNIÓN XERAL INFANTIL :: MÉRCORES 28 DE SETEMBRO ÁS 18 H.

LUGAR: Salón de Actos do Colexio



Campaña de recollida de tapóns

ACCIÓN EVANXELIZADORA

AE_campanatapons16-17_thumbA campaña de recollida comezou o pasado luns 12. A primeira noticia de que o Banco de Tapóns (O Baixo Miño) elixira a Jorge Osa, un neno de Oleiros con parálise cerebral, a unha nova iniciativa conxunta, xerou unha choiva de chamadas e mensaxes que emocionou á familia deste rapaz de 10 anos.

O traballo deste Banco comezou hai catro anos coa campaña do pequeno portugués Diogo Farinhoto, que levará a cabo o traballo de recoller o material co obxectivo de obter 3.000 euros para Jorge e moitos outros, coma Brais Gil, un neno de 12 anos de Moaña, que tamén ten parálise cerebral. Os beneficios obtidos destinaranse a financiar parte dos tratamentos que os nenos precisan. Para conseguilo, será preciso acumular preto de 28 toneladas de tapóns. As recollidas faranse nos máis de 450 puntos que o Banco ten distribuídos por toda Galicia, entre eles, o noso colexio.

Neste inicio de curso xa estamos a recibir os vosos tapóns, así que o obxectivo comeza con forza, esperamos que siga na mesma liña.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

[Ver cartel]

   

Xornada de acollida

PRIMARIA

20160914_5-6EP_XornadadeacollidaComezamos un novo curso cheos de ilusión e moitas ganas, os compañeiros de 5º e 6º de primaria fixemos unha xornada de acollida para coñecernos todos un pouco mellor e valorar o traballo en equipo. Imos aló!!

[Ver galería de imaxes]

   

Medra comigo

ACCIÓN EVANXELIZADORA

AE_lema16-17_thumbXa queda pouco para o inicio dun novo curso (2016-2017), e os profesores xa estamos a traballar na preparación do noso lema “MEDRA COMIGO”. Comezamos con moita ilusión, co obxectivo de axudar aos nosos alumnos a medrar como persoas Autónomas, Creativas e Comprometidas; tendo sempre como referencia da nosa aprendizaxe a Xesús. Neste curso faremos fincapé no CRECER. Para iso, buscamos ser figuras de acompañamento para os nosos alumnos, pero tamén para as familias, que teñen un papel moi importante na nosa viaxe.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos nosos preparativos.

Vémonos pronto!

[Ver cartel]

[Ver galería de imaxes]

   

Becas Educación Especial

SECRETARÍA

Bolsas para alumnado de Educación Especial para o curso 2016-17.

Atopámonos dentro do periodo establecido para solicitar as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Dito periodo remata o xoves 29 de setembro. A medida que pasan os cursos, vanse producindo cambios nas condicións e requisitos para a súa obtención.

Acceso á convocatoria oficial: http://www.mecd.gob.es/ > Becas, ayudas y subvenciones > “Becas” educación > “Para estudiar” Primaria y secundaria > Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo. Curso 2016/2017

 

 

Leer más: Becas Educación Especial

   

Libros e material para o curso 2016-2017

SECRETARÍA

Dispoñibles as listaxes de libros e material para o curso 2016-2017:

 

   INFANTIL       PRIMARIA           ESO       
__4º__ __1º__ __1º__
__5º__

__2º__

__2º__

__6º__

 

__3º__

__4º__

__3º__

__4º__


__5º__

__6º__

 
   

Axudas do Concello de Noia

SECRETARÍA

O Concello de Noia vén de publicar as axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar do alumnado de Educación Infantil e Primaria para o curso académico 2016-2017.

Soamente poden ser beneficiarios destas axudas os alumnos empadroados en Noia con 6 meses de antigüidade e escolarizados nun Colexio de Noia para o curso 2016-17 en Educación Infantil e Primaria e que cumpran certos requisitos de renda.

As solicitudes tramítanse no Concello de Noia e o prazo remata o 5 de agosto.

 

Máis información:

BOP: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/07/04/2016_0000005515.html